luns, 9 de maio de 2016

VIAXES E VAGANCIAS DE M.P.

VIAXES E VAGANCIAS DE M.P.
Autor: Manuel María
Ilustración da cuberta: Fran Jaraba
Ediciones SM, 1994
Colección "Barco de Vapor" - Serie Vermella

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Poucos coñecen o segredo que agacha unha muralla ou a verdadeira orixe das fontes de agua quente. para iso cómpre descubri-los versos capaces de movelo-lo vento e erguer un monte.

Ben cho sabe Manuel de Paderna, que desta vez bota a andar ó encontro cos amigos polas sete cidades do Reino de Galicia, mais Pontevedra,e  vive anacos da súa historia lendaria.

MANUEL MARÍA, un dos autores fundamentais da literatura galega contemporánea, conclúe con este libro o "Ciclo de Manuel de Paderna", triloxía da que tamén forman parte "A tribo ten catro ríos" e "Cando o mar foi polo río", publicados nesta mesma colección.

ISBN: 84-348-4187-8
Nº de páxinas: 123.
Encuadernación: Tapa branda


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.