A LÚA VAI ENCOBERTA
Autor: Manuel María
Ilustración cuberta: Gallego & Rey
Editorial Grupo ACSA - Diario 16 de Galicia, 1992
Colección: "Biblioteca de Autores Galegos" nº 73
Edición non venal
Xénero: Literatura Galega - Teatro
Nota do autor:
Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da A. Cultural Auriense que xa representara Unha vez foi o trebón. Comenzados os ensaios o grupo desfíxose. E a obra quedou perdida entre os nosos libros e papeis.
Trátase da única peza dramática longa da nosa autoría nunca representada.
Ao pedirme Cambio 16 un orixinal volvín a releela. Non me pareceu mal.
Coido que dá unha visión de Galiza dende a guerra civil aos nosos días: un anaco da historia dramática do noso país por recuperar a súa auténtica persoalidade, contada dun xeito fragmentado e subxetivo.
Unha obra, penso, que vai contracorrente da ideoloxía e da estética reinante. Servidor é de Outeiro de Rei. E velaí...
Manuel María
Encadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.