sábado, 6 de febreiro de 2016

UN DÍA NO MAR

UN DÍA NO MAR
Autora: Paula Carbonell
Editorial: Ediciones La fragatina - 2015

Xénero: Literatura Infantil
Idade recomendada: +4 anos

María e a súa nai pasan a tarde na beira do mar cando, de súpeto, a nena atopa unha botella cunha mensaxe dentro: «SOS. Necesito axuda e rápido».

De modo que María, chea de curiosidade, mergúllase no océano para saber quen lle manda esas palabras entre as ondas.

Unha fábula de escuma e sal rimada por Paula Carbonell e ilustrada por Marjorie Pourchet que conta a marabillosa relación entre os nenos, o xogo e a imaxinación.

Coleción: Lo Mullarero
ISBN: 978-84-16226-46-7
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 30 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.