venres, 5 de febreiro de 2016

IV CERTAME DE RELATO CURTO organizado por FANPA Pontevedra

IV CERTAME DE RELATO CURTO organizado pola Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra (FANPA Pontevedra)

UN RELATO CURTO narra unha historia ficticia nun pequeno espazo de tempo, con poucos personaxes, con descricións breves e escasas divagacións. Mostra o que ocorre e ensina a historia a través da acción estruturada en tres partes (introdución, nó e desenlace) deixando ao lector que deduza parte dos feitos e que se atope cun final inesperado.
O vindeiro 15 de xaneiro abriusese o prazo, que remata o día 29 de febreiro, para presentar traballos ao IV Certame de Relato Curto que organiza a Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra ao que poderán presentarse todos os alumnos e alumnas dos centros públicos da provincia de Pontevedra de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional. 

Tamén poderán presentarse as persoas adultas (familiares ou profesorado) que convivan con eles/as ou teñan algún fillo/a en Educación Infantil.

Hai catro categorías para participar e os seus premios serán os seguintes: 

Primaria: un vale de 200 euros, un lote de libreos de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón. 

Secundaria: un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón. 

Bacharelato e Formación Profesional: un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón. 

Adultos: un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina autenticada pola ilustradora Belén Padrón.

Ademais, todas as persoas gañadoras e finalistas recibirán un libro cos seus relatos.


http://nontedurmas.org/

Máis información nas seguintes páxinas web:
e no correo electrónico:

PARTICIPA!

Ti podes ser un dos 120 finalistas e publicar o teu relato nun libro

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.