martes, 20 de xaneiro de 2015

XUVENTUDE PROMETE


Xuventude Promete é un programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar, que pretende fomentar o emprendemento e o autoemprego entre os mozos e mozas de entre 14 a 18 anos mediante estadías emprendedoras (living lab) de tres días de duración, no albergue xuvenil Lug2, nos meses de febreiro e marzo.

Preténdese axudar aos participantes a descubrir a súa vocación e talento desde a educación non formal activa.

Trátase dunha actividade multidisciplinar para mozos e mozas que desexen experimentar e crear, baseándose no seu proxecto persoal, fomentado ideas innovadoras a través da creatividade, creando un espazo cristalizador de vocacións.

O prazo de inscrición estará aberto do  15 de xaneiro ao 9 de febreiro.

Fonte: Xuventude.net

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.