Soños de fútbol en Bangui
Autor: Yves Pinguilly
Editorial Galaxia S.A., 2013
Colección Árbore
Idade recomendada: + 10 anos
Zangba ten 15 anos. Vive en Bangui, na República Centroafricana.
Xa hai tempo que deixou a escola, e aínda máis que é orfo. Para el, o seu único osíxeno é o fútbol. Mesmo sen calzado, mesmo co estómago baleiro, no terreo de xogo, vibra.
Os espectadores tamén, polo moito que o seu talento supera o dos demias. Sería unha excelente nova fichaxe para a selección de xuvenís que ten que defender as cores do país.
Pero como avantaxar os que teñen pais con moitos cartos e poder?.
Nº de páxinas: 116
Encadernación: Rústica
ISBN: 978-84-9865-483-7
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.