xoves, 10 de xullo de 2014

Entrega de Diplomas do Curso de "MECANOGRAFÍA E INFORMÁTICA BÁSICA" aos alumnos do CPI "Curros Enríquez" de Pazos

O pasado mércores 18 de xuño tivo lugar a entrega de Diplomas aos 74 alumnos de 3º, 4º e 5º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos que semanalmente participaron na Aula de Informática do Centro Antena - Biblioteca Pública Municipal de Pazos sito no edificio do antigo concello, no CURSO DE MECANOGRAFÍA e INFORMÁTICA BÁSICA  para iniciarse no coñecemento das novas tecnoloxías.


Edificio do Centro Antena-Biblioteca Pública Municipal "BIBLIOPAZOS"

As clases tiveron unha duración aproximada dunha hora e media semanal e con elas os alumnos aprenderon:

  • As habilidades e os procedementos necesarios para manexa-lo teclado, o rato e o ordenador en xeral.
  • O manexo básico do programa Mecanografía10 para aprender a teclear correctamente, a escribir cos 10 dedos e a gran velocidade, mediante leccións guiadas e interactivas a través das que os alumnos foron progresando paso a paso e ao seu ritmo individualmente.
  • O manexo básico do programa de tratamento de textos Word e da navegación por Internet.

Estas actividades, que comezaron a realizarse fai xa tres anos, son producto da colaboración da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén co Centro Público Integrado "Curros Enríquez" co obxectivo de supera-la fenda dixital e servir de apoio ao proxecto ABALAR para a integración plena das TIC na práctica educativa en Galicia, co obxecto de que os alumnos aproveiten da mellor forma posible os equipamentos e infraestructura tecnolóxicas postos a súa disposición polo centro educativo a través da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Estas son as imaxes da entrega dos Diplomas:

3ºA Primaria
3ºB Primaria

4º Primaria
5ºA Primaria
5ºB Primaria
Saúdos a todos e ata o próximo curso.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.