mércores, 28 de maio de 2014

VENTO GALERNO - Literatura Xuvenil

Vento galerno 
Colección Fóra de Xogo 

Finalista do premio Fundación NovaCaixaGalicia-Claudio San Martín de Literatura Xuvenil 2011

O vento e a corrente levaron mar adentro a chalana na que Miro quedou durmido. Cando espertou, o mozo comprendeu a súa situación de náufrago desorientado que, mentres agardaba ser rescatado, notaba o estómago máis e máis encollido.

Tras dous días e as súas longas noites loitando contra a sede, cando preparaba a súa cana para unha nova lanzada, algo lle chamou a atención no horizonte. Aló, na parte máis baixa do ceo, confundíndose coas nubes, pareceulle ver terra.

Aquilo fixo que Miro anovase a confianza no futuro. 

13 x 21 cm 
Rústica cosido a fío
176 Páxinas 
ISBN: 978-84-9914-335-4



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.