luns, 12 de maio de 2014

Sesión de Contacontos "O MISTERIO DO PIRATA BENITO SOTO"

Para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, o próximo Xoves 15 de Maio, ás 13:00 horas na Sala de Lectura da biblioteca contaremos coa presencia de Enrique Mauricio e Carlos Taboada de Polo Correo do Vento que nos deleitarán co seu espectáculo de contacontos "O misterio do pirata Benito Soto".


Esta historia de misterios, homenaxe a Conan Doyle e ao patrimonio galego, mestura a oralidade coa ilustración e rematará cun obradoiro de debuxo de temática pirata. 

¡Esperamosvos en BIBLIOPAZOS! 

Esta actividade de animación á lectura foi organizada por BIBLIOPAZOS en colaboración co programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que se desenrola a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.