martes, 13 de maio de 2014

A POMBA DONA PAZ - Literatura Infantil

A pomba dona Paz
Autor: Ramón Caride
Ilustracións de Pepe Carreiro
Edicións Xerais de Galicia S.A., 2012
Colección Merliño

Idade recomendada: + 5 anos

PARA OS NENOS E AS NENAS DO MUNDO PORQUE A PAZ É O SEU ÚNICO E VERDADEIRO FUTURO

Dona Paz é unha pombiña que vive a rentes do ceo. Nunha casiña moi linda entre as torres dunha igrexa. En conto o día amañece vai pasear moi cediño, para ver que cousas pasan polas prazas e os camiños. 

O día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz en conmemoración da morte de Mahatma Gandhi, unha data que contribuíu nos centros educativos de xeito moi especial á difusión da Educación para a Paz. 

A pomba dona Paz é un relato concibido para que os lectores e lectoras máis novos participen tamén dos valores da construcción pacífica da sociedade e da cidadanía democrática.

Un libro que é un vieiro da esperanza cara a un mundo en paz e igualdade.

ISBN: 978-84-9914-332-3
Encuadernación: Cartonado
Formato: 18,7 x 21 cm
Nº de páxinas: 40

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.