Da oficina dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello nos envían a seguinte información:
A Xunta de Galicia publicou no DOG nº 52 do 17/03/2014 unha disposición da Consellería de Traballo e Benestar, a ORDE do 11 de marzo de 2014 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2014 que podes descar en PDF facendo clic AQUÍ.
De seguido detallamos un breve resumo desta ORDE:
PERSOAS BENEFICIARIAS:
- Persoas que teñas ao seu cargo fillos menores de 3 anos na data de 1 de xaneiro de 2014 (nacidos entre o 02/01/2011 e o 01/01/2014, ambolos dous incluídos) e que, por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2012 nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigadas a presentar a declaración do IRPF.
REQUISITOS:
- Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual na Comunidade Autónoma Galega.
- Que na data da solicitude os nenos convivan coa persoa solicitante.
- Que por razón dos ingresos obtivos durante o 2012, nin elas nin ningún dos membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración do IRPF correspondente a ese período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.
CONTÍA DA AXUDA:
- A contía da prestación consistirá nun pagamento único de 360,00 € por cada un dos fillos.
PRAZO E LUGAR DE PRESENTACIÓN:
- Ata o 26 de abril de 2014
Podes descargar a túa solicitude facendo clic AQUÍ.
MÁIS INFORMACIÓN nas oficinas dos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Pazos de Borbén os luns, mércores e xoves no horario de atención ao público.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.