O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e   o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, presentaron   hoxe en rolda de prensa certame Lingua de namorar que consiste nun   concurso en liña de mensaxes de amor como iniciativa para fomentar o uso do   galego entre os mozos e mozas, especialmente en momentos de lecer. Deste xeito   buscan dinamizar o uso da lingua galega nas relacións persoais e nas TIC,   concretamente na Internet e a mensaxería instantánea.
O responsable de Política Lingüística destacou que "coa posta   en marcha da iniciativa se busca tamén aproveitar as oportunidades de promoción   do galego e de participación que ofrece a web 2.0 para estimular a   interactuación en galego da xente nova". Xa que "as linguas asociadas á   creatividade, á vangarda e ás maneiras de comunicación que posibilitan as TIC   son as que collen o tren do futuro". 
Fonte:


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.