Patricia García, presidenta do Grupo   Femxa
O Grupo Femxa, do que   falamos   recentemente para dar conta do seu traballo a prol da formación TIC dos   traballadores do mar, comeza ano dando boas novas. E tanto que son boas, xa   que anuncia que vai contratar 200 persoas ao longo de 2014 para reforzar o seu   papel de empresa referente a nivel estatal no eido da formación laboral baseada   en novos recursos e tecnoloxías. A empresa, de raizame galega (ten sede   principal en Vigo), duplicará deste xeito o número de novas incorporacións   levadas a cabo durante o ano pasado. Polo tanto, pasará de ter 320 persoas na   súa equipa ao peche de 2013 a contar con máis de cincocentos traballadores.   Asemade, sinálanos a súa presidenta, a galega Patricia García, cómpre ter en   conta que a compañía xera a día de hoxe até douscentos empregos indirectos en   empresas provedoras e máis de 500 postos anuais de persoal docente. 
Fonte:


Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.