sábado, 16 de febreiro de 2013

Monográfico: Libros electrónicos

Interesante reportaxe sobre o libro electrónico en Eroski Consumer no que podes informarte sobre o tema.

Nesta reportaxe podes ver unha "Guía para comprar libros electrónicos con comodidade", información sobre "Novos modelos de libros electrónicos", saber cales son os teléfonos e libros electrónicos de marca branca, e moitas cousas máis que seguro che van a interesar.

Para ler máis fai CLIC na seguinte imaxe:

Monográfico: Libros Electrónicos

Boca de Arame - LITERATURA INFANTIL

Boca de arame
Alberto Urcaray
Everest Galicia, 2009
Coleción Ler é vivir
A partir de 8 anos

Alicia comparte un segredo co seu diario; aos seus pais non llelo quere confiar por medo a preocupalos ou a complicarlles a vida tan atafegada que levan por mor do traballo. Algo haberá que facer para liberar este segredo e así normalizar a súa vida na escola, que tanto sufrimento lle está a causar polas continuas burlas dalgúns compañeiros


ISBN: 978-84-403-1111-5
Nº páxinas: 60
Formato: 12,5 x 19,5 cm. 


FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LEVAO PARA LER NA CASA
 

venres, 15 de febreiro de 2013

O galego na familia

Información de utilidade:

Dúas mulleres embarazadas xuntan as súas barrigas 
Nomes de familia
Educar en familia
Xogos populares e educativos
Bibliografía
Filmes en galego


Nomes de familia

Cun trámite sinxelo, as familias poden corrixir nos documentos legais as formas castelanizadas dos apelidos. A Lei 40/1999, do 5 de novembro, sobre nomes e apelidos e a orde destes, engade á posible substitución do nome propio polo seu equivalente onomástico en calquera das linguas do Estado, a posibilidade de regularizar ortograficamente nomes e apelidos cando a forma inscrita no rexistro non se axeite á gramática e á fonética da lingua correspondente.

No caso de que no momento de facer esa substitución no rexistro se presente calquera dúbida, a área de Asesoramento Lingüístico da Secretaría Xeral de Política Lingüística ofrece un servizo informativo sobre a adecuación dese cambio.

 Educar en familia

 Xoga con Fervello

 Para cantar en familia: letras populares

 Mamá Cabra: cancións descargables para pequenos
 
 O año pitaño: Letras e poemas para cantar 

Son de poetas: poemas para cantar

 Xabarín Club: xogos, vídeos e descargas 

Recursos do Portal das escolas infantís: Escolasinfantis.net

 Proxecto arroró (cantigas de berce de todo o mundo, tamén galegas)

Logotipo de preescolar na casa www.preescolarnacasa.org

Xogos e contos da vaca Connie (de 0 a 5 anos)


O mundo de Milu O Mundo de Milu: xogos e contos

 
Volta á escola Volta á escola

Cativadas Cativadas

 Contos para ver e para contar en galego

 
 Programa de Eduación pola Mobilidade (RACC) 

Mini atlas xeobotánico de Galicia

O Planeta da Igualdade

RecursosGz: cancións, contos, material es adiviñas infantís

Xogos educativos e populares

 Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional  

 Medio ambiente: Lixeiriño  

O Preguntoiro Cultura xeral de Galicia: O Preguntoiro
 
O aforcado de San Xoán O aforcado de San Xoán

Quebracabezas da lingua Os quebracabezas da Galingua
 
Xogos populares www.xogospopulares.com

 A orella pendella

 Imaxina o Salnés

Navega con Rumbo Navega con rumbo

Sencarie: xogos que repasan os principais conceptos sobre saúde bucodental. 

Bibliografía sobre lingua e familia

Henrique Monteagudo e Anxo Lorenzo (dir.) (2005) A sociedade galega e o idioma. A evolución sociolingüística de Galicia (1992-2003). Consello da Cultura Galega.
Manuel González González (dir.) (2003). O galego segundo a mocidade. A Coruña: Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega. Estudo do Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega. Analiza as actitudes dos mozos galegos cara á lingua, a través de novas metodoloxías como a técnica de máscaras ou os grupos de discusión.

Fonte:   www.xunta.es

Cos ollos na Lúa - LITERATURA INFANTIL

Cos ollos na Lúa
Antonio García Teijeiro
Ilustraciones de Noemí López
Ed. Everest Galicia.
Col. Ler é Vivir. 
A Coruña, 2010
A partir de 8 anos

Noa era unha nena delgada, alta e inqueda; Dark era un can elegante, apracible, con pelo branco e negro. Os dous eran moi amigos e cariñosos. O can amaba á lúa, pero non entendía por que non era branca e negra como el. Noa estaba enfeitizada pola blancura da súa luz e preguntábase por que non era negra, amarela ou marrón, como a pel dos seus amigos e compañeiros de escola.

Cada noite, Dark dicíalle baixiño palabras fermosas á lúa e contáballe historias: a de Galopín, un can sen dono que escapara da escoba coa que lle golpeou dona Remedios, unha muller de moi mal xenio; a de Tartufo, un can que fora abandonado no monte, ao que recolleu un neno e levouno para a casa.

Tamén Noa falaba coa lúa. Escribíalle cartas contándolle de Troitiño, un ancián coa roupa gastada que cantaba vellas cantigas polo parque, e da Tola, unha muller que anos antes perdera á súa filla nun accidente de circulación, que quedaba sentada nun banco do parque arrolando unha boneca. E contáballe que xogaba na praza con nenos e nenas, deses aos que chamaban inmigrantes, que viñeran de África ou América.

Dona Lúa escoitaba, sorría e ata chegaba a emocionarse. Un día, apareceu branca, negra e doutras cores. Os dous amigos, fascinados, pousaron os seus ollos na face da lúa. Noa sentiu que lle falaba; Dark leu, nun papel que apareceu como caído do ceo, que a lúa ten o corazón de moitas cores. Entón, os dous durmíronse felices mentres a noite colleu o seu pincel de abrazos e pintou de escuro as respiracións ilusionadas de ambos os amigos.

En liña co lirismo do texto, as ilustracións, sobre fondos coloristas, participan dinamicamente da tenrura da historia.

48 p. - 19x12 cm.
ISBN: 978-84-403-1151-1

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA
 

xoves, 14 de febreiro de 2013

Dia dos namorados

Desde BIBLIOPAZOS queremos adicar este video a aquelas persoas especiais da nosa vida, a aquelas que nos fan ter vida, unha vida sempre dedicada aos que temos ao noso arredor.


FELIZ DIA DOS NAMORADOS
FELIZ DÍA DE SAN VALENTÍN

Nova plataforma de servizos de tradución automática "Opentrad"

Opentrad é a plataforma líder en servizos de tradución automática en código aberto.

Opentrad axuda e permite asumir os custos derivados da xestión do multilingüismo aforrando tempo e diñeiro. Alén diso, polo seu carácter de software libre, elimina a dependencia dun único fornecedor e os custos de licenzas.
  • Opentrad, sen licenzas e sen tarifas mínimas.
  • Opentrad, facilidade de integración.
  • Opentrad, calidade e personalización.
  • Opentrad, rapidez de tradución.

Proba o seu tradutor gratuíto online facendo clic AQUÍ.

Para saber máis...

Devuelve un libro a la biblioteca con 55 años de retraso

La sucursal de Fort Washington recibió la obra "Fuego de San Francisco Javier" por correo y con cien dólares en el interior 
Sucesos | 07/02/2013
Devuelve un libro a la biblioteca con 55 años de retraso
Documentación que contenía el libro, prestado el 10 de abril de 1958 en la biblioteca de Nueva York New York Public Library
Barcelona. (Redacción).- La biblioteca pública de Nueva York cuenta con el que probablemente sea el socio más leal que jamás se haya visto. El libro Fuego de San Francisco Javier fue devuelto este lunes a la sucursal de Fort Washington después de 55 años de préstamo, según publica el portal ABCNews.com.

La obra fue enviada por correo y en su interior contenía un cheque de 100 dólares y la documentación del préstamo, iniciado el 10 de abril de 1958.

Amy Geduldig, relaciones públicas del sistema bibliotecario, explicó en una entrevista a ABCNews.com que la multa por el retraso de la devolución de un préstamo es de 25 centavos por día. La máxima sanción es el pago del importe del libro, por lo que la deuda quedaría saldada con el usuario, cuya identidad no ha querido revelar.

El libro, escrito por el reverendo Arthur R. McGratty, S.J. trata sobre la vida de San Francisco Javier -un co-fundador de los jesuitas y uno de los misioneros más importantes de la iglesia católica- razón de más por la que la persona pudo tener el remordimiento de conciencia que le llevó a devolver el libro después de más de medio siglo de préstamo.

Norocai - LITERATURA INFANTIL

Norocai
Begoña Isabel Paz Rey
Ilustracións Beatriz Parra Moracho
A partir de 11 anos

Pechade os ollos e imaxinade un tempo remoto, perdido na memoria dos astros, no que o mar declaroulle a guerra á terra, á súa eterna inimiga. A terra, sorprendida polo inesperado ataque de quen tras tantos anos de paz cría xa o seu aliado, mostrouse incapaz de frear o púo das augas... Así morreu a terra coñecida e naceu Norocai, un náufrago a piques de afogarse pero aínda coa esperanza posta no rescate.

Nº páxinas: 160
ISBN: 978-84-96526-18-1


FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LEVAO PARA LER NA CASA
 

mércores, 13 de febreiro de 2013

Fabricar caretas de Carnaval con niños, ideas en la Red

Internet ofrece interesantes recursos para fabricar divertidas máscaras y antifaces con ayuda de los pequeños

Por MARTA VÁZQUEZ-REINA
4 de febrero de 2013
- Imagen: Carrie Gates 

A los niños les encanta disfrazarse. Por eso, el Carnaval es una de sus fiestas preferidas. Pero para que los pequeños se vistan y diviertan, no es necesario gastar demasiado dinero. A continuación se explica cómo fabricar cuatro divertidas caretas infantiles de Carnaval con recursos disponibles en Internet: desde una máscara con forma de sol o de Pocoyó, hasta antifaces con cartones de huevos reutilizados. 

Los niños disfrutarán si fabrican sus propias máscaras y caretas de Carnaval 

Caretas y máscaras son casi imprescindibles para caracterizarse en Carnaval. Estos elementos se pueden fabricar en casa, con algunas propuestas sencillas disponibles en Internet. Los niños disfrutarán si tienen la posibilidad de crear sus propias máscaras y caretas. A continuación se ofrecen algunas divertidas ideas recogidas en la Red.

1. Caretas con forma de sol para Carnaval

Un trozo de cartón, algodón, cola blanca y papel cebolla son los sencillos ingredientes que se necesitan para crear con los pequeños una colorida máscara en forma de sol con la que disfrazarse en Carnaval. La propuesta es del portal Sé cómo hacer.


"El 69,9% de la población no ha ido a la biblioteca en el último año"


Este es solo uno de los datos que podemos comprobar en el informe "Hábitos de lectura y compra de libros en España 2012" realizado por la Federación de Gremios de Editores de España (FGEE), en colaboración con la Dirección General de Política e Industrias Culturales y del Libro del Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, sobre una muestra de 6.700 entrevistas sobre personas de 14 ó más años y cuyo objetivo general del estudio es el de contar con datos del comportamiento lector de los españoles en el momento actual que permitan la formulación y evaluación de políticas y planes de lectura.

Datos significativos del informe:

Índice de lectores en España

  • El 92,0% de la población española de 14 o más años afirma leer en cualquier tipo de material, formato y soporte (impreso o digital) con una frecuencia al menos trimestral y un 88,6% lee con frecuencia al menos semanal (lectores frecuentes).
  • Por orden de frecuencia de lectura un 79,4% lee periódicos, un 63,0% lee libros,  un 47,6% lee revistas, un 46,9% lee webs, blogs, foros y un 13,2% lee cómics al menos una vez al trimestre.
  • En general crece la lectura en todos los medios siendo destacable el aumento que se produce en webs, blogs y foros.
  • La Prensa, los Libros y la lectura en webs, blogs y foros son las lecturas más frecuentes.

Lectura de libros

  • Del 63% que lee libros:
    • Un 40,8% lee solo en su tiempo libre (media libros leídos: 10,6)
    • Un 18,2% lee por trabajo / estudios y en su tiempo libre (media libros leídos: 13,4)
    • Un 4% lee solo por trabajo o estudios (media libros leídos: 5,3)
  • El mayor porcentaje de lectura total de libros lo encontramos en el rango de edad de 14 a 24 años. Este porcentaje va decreciendo a medida que aumenta la edad.
  • Los motivos principales por los que han leído su último libro son por entretenimiento (83,9%), para mejorar su nivel cultural (11,0) y por estudios (7,0%).
  • El motivo principal por el que la población no lectora dice no leer libros es por la falta de tiempo.
  • La media global de libros en el hogar en el 2012 es de 201 libros (año 2010: 204 / años 2010: 212)
  • Para 65,2% de la población lectora de libros de 14 ó más años la forma en la que llegó el libro a sus manos fue a través de una compra, bien porque lo compró el entrevistado (42,5%), bien porque lo compró otra persona para regárselo (21,1%) o bien porque lo compró a través de Internet (1,6%). El 27,3% llegó a él mediante un préstamo. De éstos el 9,5% lo tomó prestado de una biblioteca. El 6,7% lo consiguió a través de Internet, de los cuales el 5,1% lo descargó gratuitamente

O tempo do revés - LITERATURA INFANTIL

O tempo do revés
Ilustracións de Xosé Tomás e Arturo Iglesias
A partir de 8 anos

"Ana, estas aí? Son Aldara, a nena galega. Estas aí, Ana?'' Aldara fixo unha amiga en Arxentina por internet e quedou con ela para chatear ao día seguinte ás sete da tarde. Ana non apareceu. ¡Que misterio! Pero hai unha explicación, todo ten que ver con que a Terra é redonda. Se aínda non o entendes, vas ter que ler esta aventura de Aldara. ¡Inclúe divertidos proxectos! G.

Solucións  ás investigacións do libro AQUÍ

Galería de imáxes da presentación de O tempo do revés

Nº páxinas: 56
ISBN: 978-84-96893-28-3


FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

martes, 12 de febreiro de 2013

LibreOffice completa a súa versión 4.0 (tamén dispoñible en galego)


 
A poucos días da estrea oficial do novo Office de Microsoft, dende The Document Foundation reaccionan anunciando o LibreOffice 4.0, paquete de ferramentas ofimáticas libre que con esta versión "fai realidade o soño da comunidade durante os últimos 12 anos" e reflicte por primeira vez os obxectivos fixados en setembro de 2010: un código base máis limpo e claro, un conxunto de prestacións melloradas, unha mellor interoperatividade e un ecosistema máis diverso e inclusivo. Como non podía ser doutro xeito, o LibreOffice 4.0 tamén está dispoñible de balde en galego. 
 
En menos de 30 meses de traballo LibreOffice medrou considerablemente até converterse no proxecto independente de software de escritorio destinado á produtividade máis grande do mundo, que conseguiu atraer a máis de 500 desenvolvedores dos que a tres cuartas partes son voluntarios totalmente independentes. 
 
LibreOffice 4.0 incorpora numerosas novidades entre as que podemos destacar a integración con moitos sistemas de administración e xestión documental (Alfresco, Sharepoint 2010, Nuxeo, OpenText, SAP NetWeaver Cloud Service...) a través do estándar CMIS, mellora a interoperavilidade con documentos DOCX e RTF, pode importar documentos de Microsoft Publisher, mellora a súa interface de usuario (integrando Unity e permitindo utilizar o sistema de temas de Firefox para personalizar a súa aparencia), introduce unha nova técnica aos diálogos das fiestras, permite que a cabeceira e o pé da primeira páxina dos documentos de Writer sexan distintas ao do resto de páxinas, inclúe numerosas melloras en Calc (como exportar os gráficos en JPEG e PNG), permite utilizar unha aplicación de mando a distancia para presentación de Impress para dispositivos Android (polo momento só na versión para Linux e LibreOffice, aínda que nunha actualización admitirá todas as versións da suite) e moitas outras melloras que recibirán cos brazos abertos todos os partidarios das ferramentas de software libre que en casos como este demostran o seu valor con creces, pola contribución que LibreOffice supón á posibilidade de desligar o uso profesional de equipos informáticos co pagamento de licenzas de software á vez que axuda á adopción de formatos de ficheiro estándar (elemento chave para o seu intercambio e a súa interoperabilidade). 
 
 Xoves 7 de febreiro do 2013, por Marcus Fernández 
Fonte: Código Cero

Nera, a ferreira - Recomendación de LECTURA INFANTIL

Nera, a ferreira
Imelda Barrio
Ilustracións de Andrés Meixide
Col. Contos da igualdade, 5
Baía Edicións. A Coruña, 2009
A partir dos 8 anos 

Fai moito tempo, nun afastado reino naceu Nera, a filla do ferreiro, nunha noite especial que hai cada cen anos: as constelacións están aliñadas e reúnese o Consello de Fadas para conceder un desexo a quen naza nela. Deliberaron sobre que desexo concederíanlle, repasando os anteriores que concederan (unha voz doce, que se namorase dun príncipe, etc.). Pero as mulleres ás que llos concederon non foran cumprindo eses desexos tan banais. Entón pensaron noutros: que puidese estudar, que chegase a vivir da ferrería e a ser xefa de fórxaa, que non vivise obsesionada pola súa imaxe, que fose libre para rexeitar o príncipe valente... Pero como había que elixir un só, acordaron concederlle que cando chegase á maioría de idade decidise ela se quería ser un home ou non, pois só sendo home podería cumprir todos aqueles desexos. 

Enteirados os pais, educárona na igualdade: nin lle compraron vestidos de cor rosa nin a sacaron do colexio cando cumpriu 11 anos. E, sobre todo, apoiárona nas súas decisións e afeccións nada comúns entre as nenas e nenos do seu reino: cando xogaban ás guerras, as nenas pedían coidar os guerreiros feridos ou ser princesas que esperaban no castelo o regreso dos seus maridos loitadores, pero Nera quería ser capitán. E ríanse dela cando dicía que de maior quería ser ferreiro. Cando creceu, tivo moitos pretendentes pois era moi atractiva. Probábaos pedíndolles que a invitasen a xantar á súa casa preparando eles a comida, mais todos suspendían porque era intragable ou lles axudou algunha muller ou non recollían a mesa nin fregaban a vaixela. Ou lles preguntaba como querían educar os posibles fillos... Porque ela quería un COMPAÑEIRO, con maiúsculas.

Cando cumpriu 18 anos, as fadas e o reino enteiro agardaban expectantes que decidise converterse en home, pois nin se integraba coas mulleres nin atopaba esposo por ser tan rara. Mais ela rexeitou cambiar. Pasaron os anos e non só foi ferreira senón ata xefa de fórxaa. E viviu feliz e comeu perdices, que lle guisaba a miúdo o seu COMPAÑEIRO.

40 p. - 21x15 cm.  
ISBN  978-84-92630-02-8

Fonte: BLIX

 FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA