venres, 2 de agosto de 2013

Un becho estraño - LITERATURA INFANTIL

Un becho estraño 
Factoria K de Libros, 2009 

Idade recomendada: Prelectores, dende 3 anos. 

Rima e ritmo, para descubrir a función lúdica da lectura. Un pequeno libro de cartón para primeiros lectores, dos chamados contos sen fin, porque pasando as páxinas e dándolle a volta ao conto... 

Mira que mira mirando,
atopei un becho estraño,
coa feitura dun ovo:
gordo arriba, abaixo fraco.
Tiña por riba dous pés,
entre os pés un longo rabo... 



“Un becho estraño” é un libro de pequeno formato que segue a fórmula dos chamados contos sen fin. Un conto para contar, no que son fundamentais a rima e o ritmo, a partir dunha estrutura de oito sílabas, que se mantén ao longo de todo o relato. Malia a súa sinxeleza dende o punto de vista literario e artístico, este libro destaca polo “xogo” que dá cos nenos e nenas, que descubrirán con el a función lúdica da lectura. Porque pasando as páxinas ata o final e dándolle a volta ao conto.


Temática: Conto rimado sobre un becho, ao principio descoñecido. 
Aspectos destacables: Conto sen fin; xirando o libro, o conto volve comezar; texto rimado; ilustracións sinxelas que contrastan co fondo; tipografía integrada na ilustración.
 
Cartón duro
14 Páx.
17,5 x 22 cm. 
ISBN: 978-84-96957-66-4 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.