xoves, 1 de agosto de 2013

Actividades de Animación a Lectura en BIBLIOPAZOS

Ola amigas e amigos da biblioteca.

Deixámosvos diversos enlaces coa información das actividades de Animación á Lectura que fixemos en BIBLIOPAZOS durante os meses de Abril e Maio.


Estas actividades están incluídas no programa LER CONTA MOITO da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia para a promoción da lectura no ano 2013. 


A Biblioteca Pública Municipal do concello de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS”, recibiu o día 23 de abril aos alumnos de 1º e 2º de primaria do Centro Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos, que viñeron visitarnos.
A cara dos contos:

O 29 de abril tocoulle visita a BIBLIOPAZOS aos nosos amigos de Educación Infantil do CPI “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI “A Galeriña” de Nespereira e como non collían todos tivemos que facelo no Auditorio do Concello.

O 21 de maio os amigos de Xanela Ocio e Animación, caracterizados para a ocasión realizaron unha interesante actividade da que disfrutaron tanto os adultos como os rapaces asistentes á biblioteca. 

Os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI “Curros Enríquez” de Pazos pasaron unha hora moi agradable e divertida.


O 23 de maio o protagonista na Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BIBLIOPAZOS” foi o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2013 Roberto Vidal Bolaño.

Ás 11,00 horas a nosa amiga Patricia de EDUVÍA caracterizada do personaxe máxico “Dadá” o Duende, co espectáculo “Contacontos animaliños” relatou aos usuarios do centro ASPAVI (Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual de Vigo) de Pazos, unha serie de contos nos que os protagonistas foron os animais.

Os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI “Curros Enríquezde Pazos tamén disfrutaron do espectáculo noutra sesión a partir das 13,00 horas.

A partir do mes de setembro voltamos con mais actividades das que iremos informando puntualmente tanto a través do Blog como da conta de Facebook; e subiremos tamén algúns videos das actividaes e máis fotografías.

Mentras tanto seguir disfrutando do verán e aproveitar para ler moito. Este tempo anima á lectura.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.