domingo, 4 de agosto de 2013

Ramón Cabanillas - Escolma Poética -


Ilustracións: Anxo Pastor 

Idade recomendada: dende 8 anos 

Celebración do Ano Cabanillas cunha escolma que repasa o máis senlleiro da produción literaria do poeta cambadés, dende "Vento mareiro", ata "No desterro", pasando por "Da terra asoballada" ou "A rosa de cen follas". 

No Ano Cabanillas, co gallo do 50 aniversario do pasamento deste autor senlleiro, a Sociedad  Estatal de Conmemoraciones Culturales e FAKTORÍA K fanlle unha homenaxe especial ao ‘Poeta da Raza’. Un libro de poemas e imaxes para ler e admirar pausadamente; reflexionando sobre cada idea, saboreando as súas cores evocadoras. Pousado sobre un atril, as súas páxinas desprenderán un halo de misterio que inundará o espírito do lector.

Xornalista crítico, funcionario municipal, cantor nostálxico das paisaxes nativas, autor de versos galeguistas e combativos, académico da lingua, admirador dos artistas galegos do seu tempo... Na faceta literaria, Ramón Cabanillas foi o continuador do Rexurdimento, o enlace  con Rosalía de Castro, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, o renovador da poesía galega: o  ciclo artúrico, a etnografía, o amor. Débeselle especialmente a promoción do uso da lingua en  todos os ámbitos da vida cotiá.

Luis Rei compila os poemas desta escolma poética.  Bibliotecario e técnico de Cultura no Concello de Cambados, tamén é autor da obra “Ramón  Cabanillas, crónica de desterros e saudades”, e ten publicado numerosos artigos e traballos  sobre o poeta cambadés.

Temática: Escolma -13 poemas- da obra poética de Ramón Cabanillas 
Aspectos destacables: Ilustracións de estilo surrealista e simbólico creadas a partir da lectura de cada poema.
Índice poético: Camiño longo – Amor de neno – Xoquín – Meus irmáns – A calzada de Cambados – A rosa que sangra – Galicia – ¡En pé! – A Rosalía de Castro – Noite de Lúa – Lume no pazo – Sorpresounos a noite – Do berce á cova.
 
Encadernado en cartoné. 
Formato despregable.
52 Páx. 
15 x 23,5 cm. 
ISBN: 978-84-8464-706-5

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.