domingo, 25 de agosto de 2013

ANTÓN E POMPÓN: Os contrarios - LITERATURA INFANTIL

ANTÓN E POMPÓN:
Os contrarios
Textos: Mon Daporta
Ilustracións: Anxo Fariña
Edicións A Nosa Terra. Vigo. 2005 

Contos dedicados aos mais pequenos da casa (0-5 anos). Escritos en rima, e con temas moi variados con Antón, Pompón e uns seres máxicos chamados pelelliños. 

Antón e Pompón sós na casa entretéñense xogando ao escondedoiro. Para sortear fan unha carreira: o que perda, queda. Antón vai primeiro diante e á esquerda; Pompón, detrás e á dereita. Como lle toca apandar a Pompón, Antón escóndese debaixo da cama; logo, Pampón enriba do armario. Como o rapaz é grande cústalle encontrar un sitio onde estar ben oculto, mentres que o rato, pequeno, pode esconderse en calquera burato, mesmo dentro dun zapato. Pero Antón búscao fóra do seu cuarto. Ao acabar de xogar, merendan: xa teñen a tripa chea e a neveira está baleira.

Colección protagonizada por Antón un neno con moito afán por aprender, e o rato Pompón, que encontrou un día no seu zapato e dende entón son moi bos amigos. Os Pelelliños son uns seres máxicos que só os nenos poden ver. Gústalles rir, brincar e xogar cos nenos. 

Edición en tapa dura con ilustracións en cor a toda páxina e texto mínimo con sinxelos pareados.
 
Nº páx.: 24 
Formato: 12 x 31 cm. 
ISBN 84-96403-79-3

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.