domingo, 28 de xullo de 2013

Porgy and Bess - LITERATURA INFANTIL

Porgy and Bess
Autor: George Gershwin

Interpretación musical: Ella Fitzgerald - Louis Armstrong
Adaptación texto: Joan de Déu Prats
Ilustracións: Daniel Jiménez
Tradución: Vitoria Ballesteros 

Inclúe CD.
Idade recomendada: a partir de 8 anos

Nun arrabaldo da cidade de Charleston, Porgy, o eivado, loitou por salvar a unha rapaza bonita da mala vida que es taba a levar. Acadou o seu propósito? Deu froito a xenerosidade daquel home? A historia causou gran impresión e aínda hoxe, no profundo sur, naquel arrabalde de Charleston, fálase do grande amor que viviron... Porgy e Bess. 

“Porgy and Bess” é unha ópera composta por George Gershwin con textos da súa irmá Ira Gershwin e de DuBose Heyward, autor da novela. Trata sobre o estilo de vida afroamericana nunha rúa de Charleston, en Carolina do Sur, a principios da década de 1930. Malia que inicialmente foi concebida como unha ‘opera folclórica’ dos Estados Unidos, acabou aceptándose lexitimamente como unha ópera a finais da década dos 70 e na actualidade forma parte do repertorio de ópera estándar. De "Summertime", a parte máis coñecida desta obra, existen numerosas interpretacións, como a que protagonizan neste libro-disco Ella Fitzgerald e Louis Armstrong. Os críticos valoran desta composición a súa síntese innovadora das técnicas orquestais europeas co jazz e a música folk estadounidense. 

Premios e outras mencións
Plan Nacional de Lectura (PNL Portugal) 

Temática: Libro de ópera para nenos 
Aspectos destacables: Libreto adaptado, guía de audición e biografía do compositor; outros títulos da colección: “Turandot”, “O elixir do amor”, “A frauta máxica”, “Aida”, “O barbeiro de Sevilla”, “Orfeo e Eurídice”.
Aplicacións: Iniciar aos máis novos no xénero da ópera, e nas súas diversas expresións (mestura de jazz e música sinfónica); instrumentos musicais. 

Encadernado en cartoné. 
24,5 x 21,5 cm.
40 páxinas a toda cor. 
ISBN: 978-84-8464-669-3

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.