mércores, 24 de xullo de 2013

A gran viaxe do Señor M. - LITERATURA INFANTIL


A gran viaxe do Señor M.
Autor: Gilles Tibo
Ilustrador: Luc Melanson
Tradutor:  Emma Lázare 

Cando morreu o seu fillo, o Señor M. emprendeu unha longa viaxe. Só se levou consigo un osito de la e unha cadeira. Visitou lugares incribles. Percorreu as rúas dos pobos e cidades que visitaba e coñeceu as súas xentes. Parábase nos parques a xogar cos bambáns. Un día paso algo que fixo cambiar a súa vida. 

A historia do Señor M. é unha historia triste. Pero a súa viaxe é unha pequena aventura na que hai tempo para a nostalxia, os sorrisos, facer amigos ou entregarse aos mellores recordos. Un día, o destino cruzou as vidas do Señor M. e dun neno perdido entre os entullos dunha guerra na que desapareceu a súa familia. As ilustracións transmiten unha gran tenrura e a tristura dá paso á esperanza tras un tráxico suceso. Unha fermosa historia que narra como o destino pode entrecruzar as vidas de dúas persoas que se necesitan. 

Así empeza 
Tras a morte do seu neno, o Señor M. abandonou todo. Só gardou un osiño de la, e unha cadeira para viaxar.
Na estación, o Señor M. comprou un billete, só de ida, para calquera sitio. Viaxaba sentado sobre o último vagón.
Algunhas tardes, apeábase nunha estación calquera e ficaba nos parques. Alí cantaba nanas máis doces cá brisa.

Este libro trata de: Guerras - Problemas persoais - Infancia - Familia - Relacións persoais - Soidade - Amor filial - Solidariedade - Relación neno-adulto

Nº páx.: 32
ISBN: 978-84-8464-572-3
Xénero: Contos 
Tema: Vida real 
Personaxes: Adultos - Nenos - Señor M. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.