martes, 23 de abril de 2013

Violeta a carteira bolboreta

O martes 23 de abril con motivo da celebración do Día Internacional do Libro e do Dereito de Autor, na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén BIBLIOPAZOS temos programada na Sala de Lectura unha actividade de narración oral dirixida a rapaces a partir de 3 anos.

 

Nesta sesión de contacontos Enrique Mauricio (Mau) e Carlos Taboada (Pin), autores da colección "Polo correo do vento"(Xerais), propoñen unha maridaxe entre a exposición oral e a elaboración dun debuxo.Tratarán unha temática de respecto ao medio e coñecemento das nosas fragas e fauna. Plantexan unha actividade na que a palabra e a imaxe constitúen as ferramentas esenciais para activar a creatividade e imaxinación dos máis novos, dividíndoa en tres partes para que o público manteña en todo momento a atención, non se aburra, e traballe o uso da nosa língua dende un punto de vista lúdico.

Durante unha hora pasaremos un bo rato con Mau e Pin e con "Violeta a carteira bolboreta".

Páxina de Facebook "Polo correo do vento".

1 comentario:

  1. Impresionante o espectáculo. Os rapaces de 1º e 2º de Primaria o pasaron de maravilla e se divertiron durante todo o tempo que durou o espectáculo. Parabems para MAU e PIN.

    ResponderEliminar

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.