domingo, 28 de abril de 2013

O canto dos peixes - LITERATURA INFANTIL

O Canto dos peixes
Marcos S. Calveiro
Col. O Barco de Vapor. Serie Vermella, 32.
Ed. SM/Xerme. Vigo, 2008
A partir dos 12 anos
 

Premio O Barco de Vapor 2008 

Presenta esta novela de prosa moi coidada a amizade entre Ismael, un vello mariñeiro que vai cada día ao peirao e lembra, nostálxico, a intensa actividade mariñeira doutrora nunha cidade que enche de refugallos o mar, e un rapaz de once anos, que se dedica a recoller ferralla co seu pai, sen poder ir á escola, para manter os irmáns. Dende as inevitables diferenzas iniciais, vaise consolidando unha fonda relación na que as engaiolantes historias do pasado abren a porta do futuro. Así, cando o ancián morre, o rapaz, que herdou o esconxuro, detén a destrución definitiva do peirao conseguindo que acudan á súa chamada milleiros de paxaros e centos de peixes. E o mar sobrevivirá, pois ten quen o lembre, un novo gardián das augas, das praias e dos cons.

104 páx.
19 x 12 cm.
ISBN 978-84-9854-144-1 

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DE BIBLIOPAZOS E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.