xoves, 18 de abril de 2013

ABRIL: MES DO LIBRO E DA LECTURA (I)

A Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BIBLIOPAZOS), neste mes de abril e con motivo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) ten organizado diversas actividades de animación á lectura.

A primeira tivo lugar o día 2 de abril. Celebrouse na Sala de Lectura coa participación dos alumnos do curso de 3º de Primaria do Colexio Público Integrado "Curros Enríquez" de Pazos a lectura da Mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil  2013, un poema de Pat Moura, traducido ao galego por Concha Blanco.


Despois da lectura do poema de Pat Moura polos alumnos, se lles explicou aos rapaces e rapazas a través das estrofas do poema o que é un libro, cómo se forman as palabras, e como éstas se convirten en libros; libros de diversas formas, cores, tamaños, etc.


Mediante esta actividade e a través da imaxinación foise tenando levar aos rapaces a a establecer a relación mediante a lectura de que poden vivir un montón de aventuras diferentes, viaxar polos lugares máis recónditos do mundo, e incluso chegar ao ceo para atrapar as nubes e as estrelas.

Alumnos de 3º de primaria do CPI "Curros Enriquez"

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.