mércores, 27 de febreiro de 2013

Bartleby, o escribinte - LITERATURA XUVENIL

Colección: XABARÍL

Bartleby é un escribente excelente que despacha unha cantidade extraordinaria de documentos na oficina de Wall Strett onde traballa ás ordes dun avogado. Porén, un bo día, cando o seu xefe lle pide que examine con el un documento, Bartleby négase con total serenidade dicindo: “Preferiría non facelo”. Dende entón, diante de calquera requirimento do avogado, o narrador do relato de nome descoñecido, contesta coa mesma frase: “Preferiría non facelo”. O avogado descobre que Bartleby quedou vivir na oficina e, como négase a obedecelo e despois a escribir máis, o despide. Porén, este curioso personaxe négase a marchar e continúa vivindo na oficina. O xefe, que é incapaz de botalo, decide mudar a sede do escritorio. Cando chegan novos inquilinos, Bartleby segue alí, prefire non facer nada que altere a súa situación.

13 x 21 cm
88 Páxinas
ISBN: 978-84-9914-020-9
Agosto 2009

Fonte: Xerais 
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LÉVAO PARA LER NA TÚA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.