martes, 8 de xaneiro de 2013

Para meigo - LECTURA ADULTOS

Para meigo
Prólogo: Camilo José Cela
Ano: 2009
Editorial: Ir indo

A todo, dicir que este é un “librillo” sen presuncións. Penso que os libros ou as cancións de amor así denominados, están mal chamados. Máis ben son composicións ou relatos que falan do desamor e as súas penurias por “puritito desafogo”. O libriño está composto por trece relatos curtos, fala de cousas que as veces nos semellan que só nós sentimos, e resulta que, de súpeto, dámonos de conta que son tristezas e vivencias universais. Non é a miña biografía, aínda que as veces, coma é lóxico, as cousas veñen inspiradas polas vivencias propias, que non e o mesmo. Pero o encanto do libro reside nun gran regalo: o prólogo feito ex profeso para esta obriña, de Camilo José Cela, o que lle da ao libro unha certa entidade. Xenerosa comigo nesta miña obra deslizando un fermoso epílogo que non sei se o merezo, foi unha profesora da Universidade Camilo José Cela, Esperanza Robles, quen, ao ir de último, cando se pecha o libro, forma un circulo cos brazos de Cela para protexer no seu interior a miña obra das malas enerxías.
 
Nº Páxinas: 116
Edición: 1ª
Encadernación: Tapa branda
Medidas: 20x16
Idioma: Galego
ISBN: 978-84-7680-645-6

Fonte: Ir Indo
FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LEVAO PARA LER NA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.