luns, 7 de xaneiro de 2013

Do A ao Z con ... Pondal - LECTURA INFANTIL

Do A ao Z con... Pondal
Ilustracións de Suso Cubeiro
Col. Ler é Vivir. Serie Morada.
Ed. Everest Galicia. A Coruña, 2009
A partir de 10 anos

Libro de poemas que, na liña da colección, ofrece un diálogo poético co bardo da nosa literatura. A maneira de abecedario pondaliano, recóllense diferentes palabras significativas que, clasificadas por orde alfabética, son o eixo dos poemas de estrutura sinxela, con rima e ritmo moi marcados. O territorio do poeta de Bergantiños, no que construíu o seu mundo mítico, aparece humanizado, dende o rio Anllóns ás Illas Sisargas pasando pola carballeira de Verdes, o velliño monte de Nemiña, a terra de Xallas… Os seus héroes celtas, as fadas e os bardos Gundar ou Temunde, a cultura helénica e a aventura d´Os Eoas personificada no mozo Margaride, centran o desexo de fundirse coa natureza, coas uces pero tamén co corzo.

Os textos son así un eco dos queixumes dos pinos e teñen o seu eco tamén na sutileza das suxestivas imaxes que os ilustran.

A edición remata cunhas pequenas notas sobre a relevante aparición na obra de Pondal das voces poetizadas.

60 p. - 19x12 cm.
ISBN   978-84-403-1113-9

Fonte: BLIX

FAITE SOCIO DA BIBLIOTECA E LEVAO PARA LER NA CASA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.