xoves, 31 de xaneiro de 2013

CONVOCATORIA BECAS PARA A FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN

Orde ECD/48/2013, do 24 de xaneiro, pola que se convocan becas para a formación e investigación. 

Convócanse 72 becas en réxime de concorrencia competitiva.

-13 de Formación en documentación e lexislación educativa. 
-16 en Observación e deseño de cualificacións profesionais.
-9 en Investigación, innovación educativa e bilingüismo.
-6 en Avaliación educativa.
-18 en Tecnoloxías da información e a comunicación aplicadas á educación.
-10 en Documentación, biblioteca, arquivo e estadísticas educativas.

As becas terán unha duración de ata 12 meses e a dotación será de 12.324€ que se distribuirá en doce mensualidades.

Requisitos .- 
a) Ter a nacionalidade española ou dalgún país membro da Unión Europea.
b) Estar en posesión da titulación requirida para cada tipo de beca.

Presentación de solicitudes.- 
As solicitudes deberán cumprimentarse mediante formulario de inscripción, dispoñible por vía telemática a través da Sede Electrónica do Ministerio de Educación,Cultura e Deporte http://sede.educacion.gob.es, "Trámites y Servicios"; e, unha vez ahí, "Becas, Ayudas y Subvenciones".

Cada aspirante poderá optar por tres becas, presentando unha única solicitude, con indicación da orde de preferencia. 

Resolución do procedemento .- 
As solicitudes serán valoradas conforme aos criterios de valoración establecidos no anexo II desta convocatoria. Unha vez valoradas, as Comisións permanentes de selección, seguimento e interpretación farán unha preselección das solicitudes a fin da que as unidades as que lles corresponda realicen no seu caso unha entrevista aos candidatos. Asímesmo realizarase unha proba de idioma cando se solicite algunha modalidade de beca que implique ou poida implicar coñecemento dun idioma.

Á entrevista deberán acudir coa documentación xustificativa dos méritos e aportar a seguinte documentación:

a) Certificación académica oficial dos estudos realizados.
b) Calquera outra documentación que considere oportuna, acreditativa dos méritos alegados na solicitude.

Para mais información consultar o BOE, do 28 de xaneiro de 2013 

O prazo de presentación remata o 17 de febreiro de 2013 

Fonte: BOE

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.