venres, 30 de novembro de 2012

Recomendación de lectura XUVENIL

O porteiro de hóckey
Col. Punto de encontro. Eds. Everest Galicia.

Bernaldo, un rapaz de 11 anos, é porteiro de hóckey no equipo do colexio e o pai é o seu máximo admirador. O mesmo día que ten que xogar a final, Bernaldo enferma. Pai e fillo enfróntanse ó dilema seguinte: xogar ou non xogar o partido. Finalmente deciden ir ó ambulatorio e cando volven para a casa, mentres o pai entra nunha farmacia para mercar medicinas, Bernaldo desaparece do coche.

Fai a túa reserva na biblioteca e lévao a casa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.