venres, 30 de novembro de 2012

CONTO INFANTIL: Os tres cerditos


Los tres cerditos y el lobo feroz Nun ancho val vivían tres pequenos cerditos, moi diferentes entre si, aínda que os dous máis pequenos se pasaban o día tocando o violín e a frauta. O irmán maior, pola contra, era máis serio e traballador.

Un día o irmán maior do dixo: - Estou moi preocupado por vós, porque non facedes máis que xogar e cantar e non tedes en conta que pronto chegará o inverno. Que faredes cando cheguen as neves e o frío? Teriades que construírvos unha casa para vivir.

Os pequenos agradeceron o consello do maior e puxéronse a construír unha casa. O máis pequeno dos tres, que era o máis xoguetón, non te moitas ganas de traballar e fíxose unha casa de canas co teito de palla. O outro cerdito xoguetón traballou un pouco máis e construíuna con madeiras e cravos. O maior fíxose unha bonita casa con ladrillos e cemento.

Pasou por aquel val o lobo feroz, que era un animal malo. Ao ver o máis pequeno dos tres cerditos, decidiu capturalo e comezou a perseguilo. O xoguetón e rosado cerdito refuxiouse na súa casa tremendo de medo. O lobo, ao ver a casa de canas e palla, comezou a rir.

- Ja, ja! Isto non poderá impedir que te agarre -berraba o lobo mentres enchía os seus pulmóns de aire.

O lobo comezou a soprar con tanta forza que as canas e a palla saíron polos aires. Ao ver isto, o pequeno correu ata a casa do seu irmán, o violinista. Como era unha casa de madeira, sentíanse seguros crendo que o lobo non podería facer nada contra eles.

- Ja, ja! Isto tampouco poderá impedir que vos agarre, pequenos -volveu berrar o malvado lobo.

De novo encheu os seus pulmóns de aire e bufou con todas as súas forzas. Todas as madeiras saíron polos aires, mentres os dous cerditos fuxiron moi á présa á casa do seu irmán maior.

 - Non vos preocupedes, aquí estais seguros. Esta casa é forte, He traballado moito nela -afirmou o maior.

O lobo colocouse ante a casa e encheu, unha vez máis, os seus pulmóns. Soprou e bufou, pero a casa nin se moveu. Volveu inchar os seus pulmóns ata estar moi colorado e logo bufou con todas as súas forzas, pero non logrou mover nin un só ladrillo.

Dende dentro da casa podíase escoitar como cantaban os cerditos:

- Quen teme o lobo feroz, ao lobo, ao lobo? Quen teme o lobo feroz?

Esta canción enfureceu moito o lobo, que volveu encher os seus pulmóns e as súas meixelas de aire e soprar ata quedar extenuado. Os cerditos rían dentro da casa, tanto que o lobo se puxo moi vermello de enfadado que estaba.

Foi entón cando, ao malvado animal, se lle ocorreu unha idea: entraría polo único burato da casa que non estaba pechado, pola cheminea. Cando subía polo tellado os dous pequenos tiñan moito medo, pero o irmán maior díxolles que non se preocupasen, que darían unha gran lección ao lobo. Puxeron moita leña na cheminea e prendéronlle lume. Así consigueron que o lobo fuxise. Os cerditos aprenderon despois desta aventura que: 

É IMPORTANTE FACER O TRABALLO CON AFICIÓN, SE DESEXAS SAÍR DUNHA DIFICIL SITUACION.
O VALOR DO TRABALLO BEN FEITO

Agora ver o VIDEO, non está en galego pero é o que hai.
 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.