Convidamos a asistir a este espectáculo ao alumnado de Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; ao alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; e aos usuarios da Asociación ASPAVI; e a todos os veciños e veciñas que queiran participar neste evento e que se inscriban previamente chamando ao teléfono da Biblioteca nº 986 497 273.
Neste contacontos o protagonista é un neno chamado Xan, (construído con vasos e pratos de cartón, leva chapeu verde e seu corpo é branco).
A Xan cústalle moito erguerse pola mañá. Non lle gusta tomar o almorzo san que lle dá a súa nai, prefire moreas de pasteis.
Un día, no parque, un cadelo lle leva os bolos e comeza a correr, sen folgos, atrás do can. De súpeto atópase con Xana, (leva chapeu verde, e o seu corpo é amarelo, verde e laranxa) unha rapaza moi espelida que o convida a unha san e nutritiva merenda. Xan probará o zume de laranxa e o melón e sentirase moito mellor, ata cambiará de cor (o seu corpo tornarase de cor amarelo e laranxa).
Xuntos, Xan e Xana xogarán toda a tarde. Xan con moito apetito tornará contento a casa e, despois dun baño con moito ritmo e unha cea lixeira, na cama quedará durmido.
SON SAN é un espectáculo de monicreques construídos con materiais de refugallo (vasos e pratos de cartón) e manipulación de obxectos moi visual e lúdico. Contén fragmentos musicais que en ocasións van acompañados de sinxelas coreografías para que bailen os nenos.
A través do percorrido de Xan as nenas e os nenos verán a importancia dunha dieta san para levar a cabo unha vida saudable.
Tamén reforzarán os seus coñecementos das partes do corpo ao mesmo tempo que descobren de forma divertida como levar a cabo unha boa hixiene.
Por último, non nos esqueceremos do necesario que é facer exercicio, estar en forma.
Eu estou san, SON SAN e tí?
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA