luns, 18 de novembro de 2024

"ELAS" de VERO RILO para continuar conmemorando o MES DA TRADICIÓN ORAL en Pazos de Borbén

E seguimos conmemorando o MES DA TRADICIÓN ORAL con outra actividade incluída no circuíto +ESCÉNICAS de apoio á programación de artes escénicas en galego nos concellos da provincia de Pontevedra que organiza o Servizo de Cultura da Deputación Provincial en colaboración cos concellos co fin de promover o impulso e o fomento da cultura galega nas súas múltiples e variadas expresións, así como a creación e a difusión artística, favorecendo o uso e a convivencia na nosa lingua.


VERO RILO achegaranos o seu espectáculo "ELAS" o Sábado 23 de Novembro ás 20:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, no día que tamén se conmemora o DÍA INTERNACIONAL DA PALABRA e uns días antes das conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, por iso que mellor que conmemorar estas datas con este espectáculo de Vero Rilo, para público familiar, ao que estades todas e todos convidados.
En "ELAS" Vero Rilo contaranos unha selección de historias de vida, de autora, tradicionais e de recollida da voz das mulleres que non tiveron nome pero que son cada unha de nós.

A obra presenta unha serie de escenas nas que Vero Rilo vai interpretando a cinco mulleres, con diferentes historias e vivencias que van dende a infancia até a idade adulta. “Elas” aborda temas como a loita feminista, a violencia de xénero, a maternidade, a sexualidade e as relacións interpersoais, entre outros.
A entrada é de balde ata completar o aforo do local.

ANIMÁDEVOS.
NON VOS ESQUEZADES, ESPERÁMOSVOS!!!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.