As actividades forman parte do circuíto +ESCÉNICAS de apoio á programación de artes escénicas en galego nos concellos da provincia de Pontevedra que organiza o Servizo de Cultura da Deputación Provincial co fin de promover o impulso e o fomento da cultura galega nas súas múltiples e variadas expresións, así como a creación e a difusión artística, favorecendo o uso e a convivencia na nosa lingua.
"CONTOS NA LAREIRA" con IVÁN DAVILA
Fai anos, durante o inverno, as familias e os amigos reuníanse ao carón dunha lareira e contaban historias para entrar en calor. Descobre os contos de tradición oral onde a maxia, o misterio e o paranormal danse a man. Historias tradicionais repletas de chiscadelas ó presente.
Trataranse temas como o coidado da natureza, a reciclaxe, a exaltación da lingua, a igualdade e a boa comunicación como resolución de conflictos.
"ELAS" con VERO RILO
Seguiremos conmemorando o MES DA TRADICIÓN ORAL o Sábado 23 de Novembro ás 20:00 horas e tamén no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén no que contaremos coa visita de VERO
RILO que co seu espectáculo "ELAS", contaranos unha selección de historias de vida, de
autora, tradicionais e de recollida da voz das mulleres que non tiveron nome
pero que son cada unha de nós. A obra presenta unha serie de escenas nas que Vero
Rilo vai interpretando a cinco mulleres, con diferentes
historias e vivencias que van dende a infancia até a idade adulta. “Elas”
aborda temas como a loita feminista, a violencia de xénero, a maternidade, a
sexualidade e as relacións interpersoais, entre outros.
E, por último, ahí vai tamén un avance dalgunhas das actividades que estamos organizado para o mes de DECEMBRO:
ENTREGA DE PREMIOS DO "VI CERTAME DE RELATO CURTO" DE PAZOS DE BORBÉN
E o Sábado 21 de Decembro a partir das 18:00 horas tamén no Auditorio do Concello á compañía PETER PUNK PALLASO e BRAIS DAS HORTAS que nos ofrecerán o seu "CONCERTO PUNKINFANTIL" para todos os públicos.
Todas as actividades son con entrada de balde ata completar o aforo do local.
Non vos esquezades, esperámosvos!!!
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.