Fai uns
días iniciamos a programación das actividades de outono-inverno coa actuación
de LEO LEÍÑO con “HABELAS HAINAS” o
pasado venres 13 de setembro; e continuamos coas mesmas o día 26 de setembro
con “FAZULAS E
O LADRÓN DE PARAUGAS” de FRAN CAMPOS “BANDULLO AZUL”, incluídas
no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Xunta de Galicia a través
de Dirección Xeral de Cultura, da Consellería de Cultura, Educación, Formación
Profesional e Universidades xunto cos concellos galegos que teñen bibliotecas
integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.
Imos a
continuar con novas actividades que temos organizadas para as vindeiras semanas
a través do programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano
2024 "OBRADOIROS
E CERTAME DE CREACIÓN LITERARIA" e que contan co
co patrocinio do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos
Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.
Os principais obxectivos deste programa son os de promover e dinamizar o uso da lingua galega no municipio, sobre todo entre a poboación infantil, a mocidade e as persoas con diversidade funcional; animar á creación literaria e á lectura a través da realización de diversos obradoiros e da convocatoria dunha nova edición dun certame literario en lingua galega; ademais tamén se pretende promover e facilitar a plena integración na sociedade dos colectivos en risco de exclusión social e con diversidade funcional, a través do emprego da expresión artística e literaria en lingua galega.
Poderá participar todo o alumnado de Educación Infantil,
Primaria e Secundaria residente no municipio que estivera ou estea cursando
estudos de Infantil, Primaria ou Secundaria nos colexios públicos do concello
durante os cursos 2023/2024 e/ou 2024/2025; e tamén os usuarios dos Centros de
Atención a Persoas con Diversidade Funcional que teñan a súa sede e actividade
en de Pazos de Borbén
A
primeira iniciarase o próximo venres 27 de setembro co Obradoiro de Creación
Literaria "ESCRIBIR
PARA CONTAR 3" que será
impartido polo escritor, poeta, docente e contacontos MIGUEL ALONSO DIZ e nel participará todo o alumnado de
Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; o alumnado de
Educación Infantil da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e os usuarios
da Asociación ASPAVI.
Realizarase
nas instalacións escolares e da Asociación ASPAVI en 9 sesións de entre 50
e 90 minutos cada unha delas nos seguintes días e horarios:
Venres, 27 de Setembro:
13:00 a 14:30 - 4º de
Primaria CPI Pazos
Xoves, 3 de Outubro:
13:00 a 14:30 - 5º
de Primaria
Venres, 4 de Outubro:
13.00 a 14:30 - 3º de
Primaria CPI Pazos
Xoves, 10 de Outubro:
13:00 a 14:30 - 6º de
Primaria CPI Pazos
Venres, 11 de Outubro:
13:00 a 13:50 - Infantil CPI
Pazos
Luns, 14 de Outubro:
10:30 a 11:45 - 1º de
Primaria CPI Pazos
13:00 a 14:15 - 2º de
Primaria CPI Pazos
Xoves, 17 de Outubro:
13:00 a 13:50 - Infantil EEI
A Galeriña
15:30 a 17:00 - Asociación ASPAVI
Dando continuidade
aos obradoiros “ESCRIBIR PARA CONTAR 2” realizados no ano 2023, nesta
nova edición ensínase ao alumnado participante os procesos de creación.
Camiñando pola palabra, tanto escrita como oral, a imaxe e mesmo a expresión
teatral para dotar dunha visión o máis completa posible; sempre adaptándose ao
nivel da rapazada participante e dando resposta ás necesidades de cada grupo e
de cada persoa.
Nas
actividades búscase fomentar a creatividade, o amor pola arte en xeral e pola
nosa lingua.
Todas
estas variables xogan un papel relevante no intre de pórse diante da folla en
branco.
Dende
os ciclos de infantil ata 6º de primaria, pasando polas usuarios dos colectivos
de persoas con diversidade funcional, achegaremos a un colectivo de
persoas máis amplo o labor desenvolto a través de obradoiros adaptados a cada
idade e circunstancia.
Os obxectivos que se pretende conseguir son os seguintes:
- Incentivar a creatividade e o valor da orixinalidade.
- Estimular a creación de historias vencelladas co noso entorno, sementando neles o aprecio e valoración do propio, tanto na súa vertente material (patrimonio histórico), como inmaterial.
- Asociar a escrita ao xogo, e non só a escrita, senón tamén o propio proceso de aprendizaxe.
- Enlazar elementos escritos e de narración visual e conectar a escrita e a narración oral. Incentivar a transmisión oral de historias no seu entorno familiar.
- Incentivar a lectura como motor da escrita. Iniciar no xogo de palabras.
- Escribir como ferramenta de expresión dun mesmo.
- Fomentar o uso da lingua galega.
- O emprego da expresión artística galega como un elemento de expresión integradora na sociedade e de fomento do respecto á diversidade.
Os obradoiros están estruturados
en cinco niveis:
- Primeiro nivel:
Ciclo de Infantil
Escribir
para contar.
Narrar
a través da imaxe.
- Segundo nivel: 1º e
2º de Primaria
O
valente coello que quixo soñar.
Unha
intervención artística.
Que
é o protagonista?
Pequenas
historias. Debuxamos.
- Terceiro nivel: 3º
e 4º de Primaria
Unha
historia entre todos.
Mesmas
palabras, diferentes historias.
O
relato máis curto do mundo.
- Cuarto nivel: 5º e
6º de Primaria
A
través de cancións, efectos sonoros, fotografías e textos noutras linguas estimularase a
creación literaria por parte do alumnado.
-Quinto nivel:
Colectivos de persoas con diversidade funcional
Que
queremos contar?
Unha
historia entre todos.
Efectos
sonoros. Que sucede?
O debuxo
como ferramenta de narración.
O
segundo obradoiro "RELATOS DE
IDA E VOLTA. FACER E DESFACER HISTORIAS” será impartido pola
escritora, xornalista e docente ANDREA BARREIRA FREIJE para todo o alumnado de ESO do CPI “Curros
Enríquez” de Pazos. Terá lugar tamén nas instalacións do colexio en catro
sesións dunha duración de hora e media cada unha e se realizarán nas
seguintes datas e horarios:
Escribir, desde un relato a unha novela, é algo traballoso, que se vai pulindo e mellorando cos anos. Aínda que partamos do básico, que é ser quen de observar o que nos rodea, pensar e imaxinar, precisamos dunhas ferramentas que, primeiro nos axuden a ordenar a información e, despois, elementos que fagan que a nosa historia sexa o máis atractiva posible.
Nos cursos de narrativa preguntámonos: Quen conta a historia? O Narrador, pero cantos tipos de narradores hai? Quen marca a acción? A personaxes; pero que papel lles imos dar? Onde e cando acontece todo? Espazo e tempo, pero como se relaciona cos demais elementos? Como estruturamos o relato? Tempo e trama... Onde poñemos cada xiro?
Así, Relatos de ida e volta. Facer e desfacer historias é un obradoiro de escrita que funciona como un xogo adaptado a cada curso. A través de varios pasos, que van desde a capacidade de atopar ideas a través de preguntas, observación, imaxinación á escrita, mergullámonos nas capacidades e intereses propios á hora de escribir un relato.
A partir de aí descubrimos cada elemento narrativo e como podemos mesturalos para facer unha historia o máis atractiva e interesante posible. Deste xeito, veremos como segundo a tipoloxía das personaxes ou dos narradores, as voces cambian; igual que mudan segundo onde cando sucedan. Cada elemento ten o seu papel, e coñecelo fará que escribir unha historia sexa algo fluído e cada vez máis natural.
Relatos de ida e volta. Facer e desfacer historias remata coa lectura dos textos, o que permite a capacidade crítica da aula, sempre dun xeito construtivo. Esa ollada externa axuda a mellorar os escritos. Malia que o proceso sexa individual, contar co apoio da aula, sempre é un bo xeito de evitar bloqueos creativos e ter varias opcións que axuden a avanzar e facer o proxecto o máis interesante e próximo ao lector ou lectora.
O obradoiro impartirase en 4 sesións de 90 minutos cada unha para a rapazada de 1º a 4º da ESO. Cada persoa escribirá un relato, no que se mesturarán as
temáticas do VI Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén, coas ferramentas máis
básicas da creación narrativa e aquelas que lles permitan arriscar nas voces
narradoras ou nos xiros das historias
- 1º ESO: este curso, ao ser o primeiro ano que recibe o obradoiro, descubrirán os elementos básicos para a construción dun relato: que é narrador, as personaxes, o espazo, o tempo ea trama lineal, todo a través do xogo.
- 2º ESO: tras descubrir o ano anterior as bases do relato, no presente obradoiro descubriremos novas ferramentas, centrándonos principalmente en como adaptar as ideas, puntos de partida, do concurso municipal ás nosas propias inquedanzas como escritoras e escritores.
- 3º e 4º ESO: nestes cursos profundaremos en como podemos xogar coas estruturas (inversa e circular principalmente, aínda que tamén in media res) e variar principios e finais, para poder experimentar cos xiros e descubrir outras formas de contar.
E, por último, comentar que nos próximos días publicaremos a convocatoria do “VI CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN" no que, como en anos anteriores, haberá 7 categorías para poder participar:
- Categoría A: Persoas con diversidade funcional
- Categoría B: Alumnado de Educación Infantil
- Categoría C: Alumnado de 1º e 2º de Primaria
- Categoría D: Alumnado de 3º e 4º de Primaria
- Categoría E: Alumnado de 5º e 6º de Primaria
- Categoría F: Alumnado de 1º e 2º de ESO
- Categoría G: Alumnado de 3º e 4º de ESO
O PRAZO DE PRESENTACIÓN dos traballos abrirase
do 1 de outubro a o 15 de Novembro de 2024.
Desde BIBLIOPAZOS animamos
a todo o profesorado, aos pais, nais e demais familiares do alumnado e dos usuarios da Asociación ASPAVI para que
os estimulen a escribir e e a debuxar para participar neste nova convocatoria do certame que
chega a súa 6º edición.
Para calquera
información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono
chamando ao número 986497273 ou por
correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario
habitual de apertura.
EN
BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.