luns, 9 de setembro de 2024

"HABELAS HAINAS" un espectáculo de maxia e animación para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN

Desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS" presentamos diversas actividades para este mes de setembro para tentar conseguir os nosos obxectivos de seguir promocionando a educación e a cultura e animar á lectura a nenas/os, mozas/os e adultos de todas as idades.

A próxima actividade terá lugar o Venres 13 de Setembro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello; e consiste nun espectáculo de artes escénicas con moita maxia e animación que nos traerá LEO LEÍÑO baixo o título de "HABELAS HAINAS".


Ese día acompañaremos a LEO LEÍÑO nunha viaxe máxica a través das tradicións e lendas galegas (a Santa Compaña, Santo André de Teixido, Celtas e druídas, romarias...), porque non cremos nas meigas pero "habelas hainas".

Como en anteriores ocasións convidamos a asistir a esta actividade ao alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e aos usuarios da Asociación ASPAVI, ademáis de a todas aquelas veciñas e veciños que se inscriban previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273 e ata completar o aforo.

Con esta actividade queremos conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ALFABETIZACIÓN que se celebra en todo o mundo o día 8 de setembro de cada ano nesta ocasión co lema "Promover a educación multilingüe: a alfabetización para o entendemento mutuo e a paz".

Esta actividade forma parte do programa de dinamización da lectura "LER CONTA MOITO" que promove a Dirección Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar co persoal da Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.