domingo, 19 de maio de 2024

"XOGAMOS CON CONTOS" e "O ALFABETO DOS CONTOS" de Pepa Martín, Mariscadora de Contos, para rematar as actividades de animación á lectura do MES DAS LETRAS GALEGAS


E para finalizar as actuacións do mes das Letras Galegas, teremos unhas novas actividades de animación á lectura para o alumnado de Infantil e Primaria organizadas pola FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO de Redondela en colaboración coa Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén que se realizarán o Venres 24 de Maio na Biblioteca do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, ás 11:00 e 13:00 horas, respectivamente, e ás que asistirá o alumnado de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Serán levadas a cabo por Pepa Martín, Mariscadora de contos que nos traerá os seus espectáculos de contacontos “XOGAMOS CON CONTOS” e “O ALFABETO DOS CONTOS”.

“XOGAMOS CON CONTOS” é unha sesión de animación lectura no que a cuentera Pepa Martín achegará ao alumnado de Infantil aos libros, convidándoos a participar en xogos, adiviñas e cantos para chegar aos contos. Xogamos con contos, contamos xogando.

“O ALFABETO DOS CONTOS” é unha viaxe desde a orixe do primeiro alfabeto no que Pepa Martín fará que coas letras do alfabeto o alumnado de Primaria chegue aos lugares onde habitan as historias, os enigmas e outras sorpresas.

Agradecer á FUNDACIÓN FILOMENA RIVERO ALONSO de Redondela o seu esforzo pola súa colaboración, patrocinio e organización de actividades de animación á lectura en Pazos de Borbén; así como tamén pola doazón de libros que nos ven facendo ano a ano e que, próximamente, serán postos a disposición dos nosos usuarios e usuarias.

Por último animar a toda a veciñanza a conmemorar o MES DAS LETRAS GALEGAS participando en calquera das actividades que levamos e cabo en BiblioPazos e tamén nas que se realizan noutras bibliotecas, escolas e outras institucións da nosa comarca para estimular a todo o mundo a ler polo menos 20 minutos cada día, e mellor si o fan na nosa lingua galega.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.