xoves, 3 de novembro de 2022

A VOZ DO LAGO

A VOZ DO LAGO
Autor: Antón Riveiro Coello
Ilustrador: Rodrigo Chao
Editorial Galaxia SA
Colección: árbore

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 12 anos

No mes de setembro de 1927 María Mariño e mais a súa familia deixan a rúa Cega de Noia para se mudaren ao lugar de Escarabote (Boiro), preto do pazo de Goiáns. A partir deste feito da biografía da poeta, esta novela tece historia, lenda e imaxinación.

En setembro de 1927 María Mariño e os seus deixan Noia para ir a vivir a Escarabote, preto do pazo de Goiáns, onde traballa de cociñeira unha parenta súa, herdeira da fortaleza cercana ao Lago do Mar.

Irene, unha nena de dez anos, coñece os novos veciños e repara na elegancia de María, quen, amais dos vestidos, cose versos e apaña bolboretas no vento. As dúas fan boas migas e María Mariño decide compartir con Irene un segredo: o misterio dun libro que provoca un murmurio no lago.

ISBN : 978-84-8288-712-8
Nº de páxinas : 112
Formato: 13 x 20 cm
Encadernación: Rústica

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.