xoves, 17 de marzo de 2022

"UNHA MAXIA DIFERENTE" - UN ESPECTÁCULO REIVINDICATIVO PARA CONMEMORAR O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E O DÍA MUNDIAL DO TEATRO

Finalizamos as actividades de animación á lectura e dinamización e sensibilización da lingua galega programadas pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén "BiblioPazos" para o mes de marzo con este espectáculo de maxia que nos trae O MAGO PACO:

Xoves día 24 de marzo de 13:00 a 14:00 horas no Auditorio do Concello chegará a Pazos de Borbén O MAGO PACO que nos presentará "UNHA MAXIA DIFERENTE", o seu espectáculo máis reivindicativo no que participará o alumnado de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.
A través de distintas historias e xogos de maxia O Mago Paco traballa as diferencias humanas como un punto de unión no que vernos reflexados.

Así, traballa a igualdade e a violencia de xénero dende un punto de vista divertido e ilusionante, sen perder o transfondo educativo.

Deste xeito, despois de asistir a este espectáculo podemos afirmar que:

"Ser diferente é o máis divertido e xenuino que temos os seres humanos"·
E con esta actividade conmemoramos o Día Internacional da Muller e o Día Mundial do Teatro e rematamos as do mes de marzo mentres seguimos preparando as dos vindeiros meses de Abril, Maio e Xuño das que vos iremos informando próximamente.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.