xoves, 3 de marzo de 2022

O DÍA DOS VIVOS

O DÍA DOS VIVOS. Os Minimortos 4
Ilustracións: Mar Villar
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Sopa de Libros

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa
Idade recomendada: +9 anos

A noite do Samaín é a máis importante do ano.

A Bruxa Xefa celebra na súa casa unha festa de disfraces e convida só a algúns afortunados.

Todos os habitantes do Outro Barrio agardan nerviosos polo seu convite mentres deseñan disfraces terroríficos para a ocasión.

Pero, que será o que lles dá medo aos Minimortos?
Un vampiro? Un lobishome? Un problema de matemáticas?

E o máis importante: recibirán a agardada invitación da Bruxa Xefa ou quedarán sen festa?

ISBN: 978-84-9121-989-7
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Rústica cosido a fío
Formato: 14 x 20 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.