sábado, 5 de marzo de 2022

CORES NO MAR


CORES NO MAR
Texto e ilustracións: Jenni Erkintalo
Tradución: Anu Pitkanen coa colaboración de Charo Baleirón
Hércules de Ediciones

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos - Poesía

Idade recomendada: + 6 anos

Lixeira é a cor amarela e forza ten a vermella.
Debaixo do mar todo é azul. Ou non?

Os pinceis con cores primarias teñen unha importante tarefa.
Os animais mariños necesitan unha nova capa de pintura!
Que sucede cando dous cepillos chocan repentinamente entre si?

O libro ilustrado de Jenni Erkintalo Cores no mar é un libro marabilloso sobre o descubrimento das cores e a diversidade.

As intensas ilustracións, a alegre narración e o groso papel garanten que o libro terá moitas lecturas.

ISBN: 978-84-122906-7-7
Nº de páxinas: 23
Encadernación: Tapa Dura
Formato: 16x16 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.