martes, 22 de marzo de 2022

ANIMALIA 1. Verde

ANIMALIA1. Verde
Texto e ilustracións: Xosé Tomás
Edicións Xerais de Galicia SA
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil Galega - Cómic
Idade recomendada: + 9 anos

Na calma da selva, una sucesión de golpes alerta a todos: "Bum, Bum". O león sobresáltase, a xirafa mira con sorpresa, os paxaros asústanse e entón apareceu facendo footing Sara, unha elefanta cunha cinta na cabeza.

"Animalia" é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoconclusivas dunha páxina reunidas en tres entregas: a primeira, "Animalia 1. Verde", localizada na selva; a segunda, "Animalia 2. Branco", no mundo do mar e da auga; e a terceira, protagonizada polos animais domésticos.

"Animalia" constitúe unha reflexión sobre a humanidade como especie e como civilización, dende as posibilidades que ofrece a caracterización dos animais na súa diversidade.

Se queres acceder á ficha de lectura fai clic AQUÍ.

I.S.B.N.: 978-84-9121-385-7
Nº de páxinas: 56
Formato: 17 x 24 cm
Encadernación: Rústica cosido a fío

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.