luns, 14 de marzo de 2022

A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES

A HISTORIA DOS BONOBOS CON LENTES
Autora: Adela Turin
Ilustracións: Nella Bosnia
Tradución: G. Tolentino
Kalandraka Editora

Xénero: Literatura infantil en galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Eles comían, viaxaban e modernizábanse mentres elas recolectaban comida e criaban a prole.

Pero os bonobos non aceptaban que as bonobas tamén puideran aprender e evolucionar.

Hai máis de trinta anos, Adela Turín comezou a publicar en Italia a colección "Dalla parte delle bambine". Moi pronto Esther Tusquets editouna en España como "A favor de las niñas", e converteuna nunha colección de referencia para a coeducación e a igualdade.

Transcorreu moito tempo desde aquela primeira edición, pero hoxe estes libros seguen sendo necesarios.

ISBN: 978-84-8464-832-1
Nº de páxinas: 40
Encuadernación: Tapa dura - cartoné
Formato: 21,5 x 27 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.