domingo, 13 de febreiro de 2022

santoamaro

santoamaro
Ilustración da cuberta: David Sierra
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Fóra de xogo

Xénero: Literatura Xuvenil galega - Narrativa

XII Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil 2020
The Withe Ravens (Internationale Jugend Bibliothek), 2021

Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre.

Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredos, a amizade e a traizón, os medos e as feridas.

Cara ao final do verán, un terrible acontecemento dinamitará o que semellaba un grupo indestrutible e desvelará aspectos dos protagonistas ocultos até entón.

santoamaro mestura libremente a narrativa co teatro para crear unha novela híbrida, na que a praia se constitúe no escenario dramático onde emerxe unha historia tan contemporánea como viva.


ISBN: 978-84-9121-847-0
Nº de páxinas: 128
Encadernación: Rústica cosido a fío
Formato: 13,00 x 21,00 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.