martes, 26 de outubro de 2021

"A LOUCA HISTORIA DE GALICIA" da Compañía de Teatro "Fulano, Mengano e Citano" en Pazos de Borbén

AUDITORIO DO CONCELLO

DE

PAZOS DE BORBÉN

VENRES, 5 DE NOVEMBRO DE 2021

ÁS 20:00 HORAS


-AVISO IMPORTANTE-

Por cuestións de aforo e de prevención da COVID_19, para asistir a esta representación teatral é

OBRGATORIO INSCRIBIRSE PREVIAMENTE

na BIBLIOTECA

chamando ao Teléfono 986 497 273

antes do xoves 4 de novembro ás 14:00 horas


O Concello de Pazos de Borbén é membro dende fai anos da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e este ano remítenos unha proposta cultural para realizar unha nova acción para a promoción do uso da lingua galega.

Nesta ocasión a actividade consiste nunha representación teatral da Compañía de Teatro "FULANO, MENGANO e CITANO" que nos traerá o seu espectáculo "A LOUCA HISTORIA DE GALICIA".

“A LOUCA HISTORIA DE GALICIA” é unha divertida sátira, que lonxe de utilizar a Historia para facer humor, válese do humor para contar a Nosa Historia:

Ao longo da peza, atoparémonos con personaxes tan relevantes como Xulio César, Prisciliano, Martinho de Dumio, Almanzor, Xelmirez, Fonseca, P. Feijoo, Pedro Madruga, Os Irmandiños, os Reis Católicos, Napoleón, Castelao... Todos eles protagonistas da nosa apaixonante historia.

Na Louca Historia de Galicia o ritmo narrativo sucédese dun xeito trepidante.

A rápida transformación dos obxectos de atrezo, a luz e os elementos do vestiario van guiando ao espectador a través dos momentos mais vibrantes do noso pasado.

Impactantes imaxes, intercaladas ao longo de toda a peza, complementan a narración, axudando a transformar a información en emoción.

“A LOUCA HISTORIA DE GALICIA”, foi creada en base a niveis diferentes de lectura e interpretación, o que permite un achegamento igualmente válido para calquera tipo de público.

A fidelidade das fontes consultadas danlle un valor didáctico ideal para o coñecemento real da nosa propia Historia espertando o interese por ela mediante a utilización dunha linguaxe cercana, divertida e directa.

Cando plantexamos o proxecto: “Contar a Historia de Galicia”, sabíamos que nos embarcabamos nunha proposta arriscada e comprometida.

É por iso que afrontamos a viaxe da man dun excelente equipo de colaboradores que puxeron toda a súa sabedoría, cariño e ilusión ao servizo da idea.

Unha idea cuxa materialización resultaba, xa, imprescindible.

Esperamos que a nosa achega sirva para avanzar un paso máis no longo camiño de vida que a nosa cultura ten aínda por diante.

Manuel Pombal Pérez
Director desta “Louca Historia
(Fulano, Mengano e Citano)

FICHA ARTÍSTICA:
Autores: Manuel Pombal, Manuel Botana “e todos os galegos”
Actores: Suso Pando, Paulo Medal e Manuel Pombal
Deseño iluminación: Pedro Fresneda
Infografía Audiovisual: Suso Pando
Escenografía: Pablo Xiraldez, “O Pastor”
Vestiario: “Patri”
Banda sonora: Manuel Pombal
Deseño Gráfico e fotografía: Imagena2
Coordinación de imaxe e son: Xoan Abreu
Produción: Belén Canabal
Dramaturxia e Dirección: Manuel Pombal

PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS
E NON VOS ESQUEZADES!
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.