sábado, 25 de setembro de 2021

"FILIPA COS CONTOS" con FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL" - Programa LER CONTA MOITO 2021

Ola de novo, estamos outra vez aquí para seguir presentando as actividades da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".

E continuamos coas mesmas o Xoves 30 de setembro ás 12:30 horas co espectáculo "FILIPA COS CONTOS" de FRAN CAMPOS "BANDULLO AZUL" que nos traerá unha "FILIPANTE" e "RENOVADA" sesión de contos para toda a familia: historias tradicionais, contos populares, contos de autoras e autores galegos, contos inventados, cancións e música en directo, humor... e moita participación do público. 

Filipa e Fran agárdanvos. Vai ser "flipante"!

Este día están convidados os alumnos de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos que, de seguro, pasarán unha mañá formidable con este espectáculo.

Realizarase no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

IMPORTANTE:
PARA ASISTIR A ESTA ACTIVIDADE É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.


PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.