domingo, 19 de setembro de 2021

"CONVERSAS CON TANA" con AL GUANELLA - Programa LER CONTA MOITO 2021

Ola de novo amigos e amigas, seguidores e seguidoras, usuarios e usuarias e socios e socias da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".


Continuamos coa programación de dinamización da lectura; e a segunda actividade terá lugar o Venres 24 de setembro tamén ás 12:30 horas e neste caso visitarános AL GUANELLA co seu espectáculo "CONVERSAS CON TANA", un espectáculo teatral baseado na ventriloquía onde un granxeiro e a súa cadeliña Tana, manteñen unha fluída e divertida conversa acerca de diversas cuestións caninas e humanas, no que se combinan o humor, ensinanza e sensibilidade. O show consta tamén de divertidas cancións.

Para este evento están convidados os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos que de seguro pasarán estupendamente neste formidable espectáculo de AL GUANELLA.

A actividade se realizará no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

IMPORTANTE:
PARA ASISTIR A ESTA ACTIVIDADE É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.


PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.