xoves, 26 de agosto de 2021

MARÍA CUC CHOC. O corazón en alto

MARÍA CUC CHOC
O corazón en alto
Autora: Lara Dopazo Ruibal
Ilustracións: Marta Conde Domínguez (Conxenia) e Rotminas (Ina Riaskov y Rotmi Enciso)
Corrección lingüística: Adrián Estévez Iglesias
Edición: Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social - Coordinadora Galega de ONGD - Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos
Colección: Defensoras de dereitos

Xénero: Biografías

Idade recomendada: +12 anos

María Cuc Choc é defensora dos dereitos das mulleres maia q’eqchi’ en Guatemala. Desde moi nova tivo claro que era preciso denunciar e organizarse contra as inxustizas que sufría o seu pobo. María tamén apoia e acompaña a resistencia das comunidades que sofren desaloxos violentos por parte de compañías mineiras e de monocultivono no entorno do lago Izabal, na parte oriental do país.

Se queres podes vir a buscar lo libro á biblioteca ou dascargalo en formato PDF facendo clic [aquí].

Defensoras de Dereitos é unha colección impulsada pola Coordinadora Galega de ONGD e Deputación de Pontevedra en colaboración coa Asociación Galega de Comunicación para o Cambio Social xunto á Iniciativa Mesoamericana de Mujeres Defensoras de Derechos Humanos. Cada libro recolle a historia de vida e acción política dunha defensora de dereitos de Mesoamérica. Xuntos, forman un mosaico de relatos persoais e colectivos pola dignidade e a vida.

Depósito legal: PO 468-2020
Nº de Páxinas: 44
Formato: 18 x 25 cm 
Encadernación: Cartoné

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.