venres, 23 de xullo de 2021

CURUXA. A VOZ DE AZAZEL

CURUXA. A VOZ DE AZAZEL
Autor e ilustrador: Fonso Barreiro (Fon)
Retranca Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: +11 anos

Premio fin de curso 2015 da Escola Profesional de Historieta e Ilustración "O garaxe hermético".

Conta a historia de Curuxa, unha bruxa noviña que trata de recuperar as voces roubadas por outras feiticeiras. Esta historia fainos ver como axudándonos uns a outros conseguimos vencer as dificultades. Conta a lenda que canto máis fermosa é unha voz, mellores son os feitizos das bruxas. Existe unha voz máxica coa que calquera conxuro é posible, “a voz de Azazel”.

Na procura desa voz, Morcia, unha bruxa noxenta, roubará as voces de todos os nenos. E tamén a de Curuxa, unha aprendiz de meiga, que privada da súa voz e polo tanto da súa maxia, terá unha difícil misión, recuperar todas as voces.

O cómic está cheo de cores, espíritos, animais, maxia, amizade e referencias á Galiza, aos seus contornos e tradicións.

ISBN: 978-84-941632-3-4
Nº de páxinas: 90
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 20 x 27 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.