martes, 27 de xullo de 2021

A MALVADA Mª XOSÉ

A MALVADA Mª XOSÉ
Autor: Miguel Vázquez Freire
Ilustracións: Xosé M Collazo
Edicions Xerais de Galicia
Colección: Merlín

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +11 anos

María Xosé é unha rapaza de catorce anos que vive na Coruña e estudia nun instituto da cidade. Pesa uns cantos quilos de máis e é moi intelixente. Na súa mesma clase está Viri, outra rapaza da mesma idade, moi afeccionada ás novelas de pandas.

Viri monta unha panda, xunto con varios nenos e outras dúas rapazas da clase. María Xosé decide gastarlles unha broma que acabe, dunha vez por todas, coas ganas de aventura que teñen. Failles chegar unha mensaxe anónima que os invita a entrar nun asunto misterioso. Para lle dar máis veracidade ó asunto, únese ós da panda cando estes comezan a investiga-la pista, que empeza nunha casa abandonada.

A partir de aquí iníciase unha complexa aventura cun asunto de espionaxe de sistemas informátícos como pano de fondo, onde se suceden tiroteos, carreiras e sustos a esgalla.

Toda a historia culmina nas ruínas do Pasatempo, o fermoso monumento de Betanzos, coa oportuna intervención da policía, xusto cando os da panda estaban máis apurados, poñendo así fin a un asunto que, a partir dunha broma de rapaces, rematara por se converter en algo de vital importancia para a orde estratéxíca mundial.

ISBN: 84-4978-2498-9
Nº de páxinas: 207
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 19 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.