luns, 14 de xuño de 2021

BRAIS DAS HORTAS INICIA A "IX EDICIÓN DO FESTIVAL INTERNACIONAL DE NARRACIÓN ORAL ATLÁNTICA" EN PAZOS DE BORBÉN CO SEU ESPECTÁCULO "CONTOS PARA CAGHAR PATATILLAS"

Hoxe comeza a IX Edición do Festival Atlántica quentando motores cunha función para escolares no Auditorio de Pazos de Borbén grazas á colaboración do concello.


A  actuación terá lugar ás 12:30 horas, no Auditorio do Concello a cargo Brais das Hortas que traerá ata Pazos de Borbén o seu espectáculo "Contos para caghar patatillas", unha mestura de música, clown e contos a partes iguais. Ao longo dos seus 50 minutos pode acontecer calquera cousa: que a Santa Compaña cante un trap, escoitar a verdadeira canción de como morreu Tranquilo, que sete bruxas voen de Moaña a Sevilla nunha barca e mesmo crear instrumentos de refugallo en directo.

Participarán nesta actividade os alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Brais das Hortas é músico, narrador oral e clown. Como músico forma parte de Blues do País e Sacha na Horta. Tocou tamén en Sons Miúdos e Mamá Cabra, entre outros, amais de colaborar en numerosos proxectos (Ataque Escampe, Sofía Espiñeira...). Como clown e músico participa en dous espectáculos con Peter Punk Pallaso: Concerto PunkInfantil e Peter Punk e O Neno Imperdible. Na súa faceta de narrador oral leva máis dunha década na Tropa de Trapo con Marta Ortiz.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.