venres, 14 de maio de 2021

AS BRUXAS

AS BRUXAS
Autor: Roald Dahl
Ilustracións: Quentin Blake 
Tradución: Xela Arias e Lidia Iglesias Izquierdo
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +11 anos

As Bruxas de Roald Dahl narra a historia dun rapaz e maila súa avoa que se enfrontan á terrible Asociación de Bruxas de Inglaterra, mentres estas, baixo a aparencia de mulleres correntes celebran a súa convención anual nun hotel... 

Ninguén cre nas bruxas, pero haber hainas. E estas das que fala Roald Dahl posuén podeorosísimos nenicidas. Os nenos para unha bruxa son sucios e fedorentos, o inimigo que hai que exterminar... 

E non son esas vellas feísimas de voz renxente, traxes negros, sombreiros picudos e vasoiras aerodinámicas. Non. Aquí fálase das bruxas verdadeiras, das que fan traballos normais, levan unha vida normal e adoitan levar luvas porque, na realidade, teñen gadoupas por mans, pés cadrados sen dedas, e utilizan caramelos e chocolates como engado para destruír nenos.

As bruxas é un libro onde o lector atopará moito humor e disfrutará coa maneira sinxela e trepidante coa que o autor mantén a súa atención. Unha historia contada en frases curtas e secuencias claras onde a acción, de golpe, envolve todo o discurso narrativo. 

Unha voráxine de situacións, de anécdotas, de aventuras que non dan tregua ao lector ata o seu remate.

ISBN: 978-84-9782-499-6
Nº de páxinas: 256
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 19 cm 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.